34
- Este domingo 27 realizaranse as primeiras vacinacións no noso país
Este sábado aterraron en España as primeiras doses da vacina contra a Covid-19, desenvolta polas empresas Pfizer e BioNTech. A vacinación iniciarase este domingo, 27 de decembro, tal e como anunciara o ministro de Sanidade, Salvador Illa.
A partir do luns produciranse entregas semanais cunha media de 350.000 dose. A repartición de doses a cada unha das comunidades autónomas realizarase nas próximas horas en base a criterios equitativos, destacan desde Moncloa en Twitter.
Nesta 1ª etapa priorizarase a vacinación de:
- Residentes e persoal sanitario e sociosanitario en residencias de persoas maiores e con discapacidade
- Persoal sanitario de primeira liña
- Outro persoal sanitario e sociosanitario
- Dependentes non institucionalizados
Nas próximas doce semanas, España recibirá 4.591.275 doses coas que se conseguirá inmunizar a 2.295.638 persoas.