España rexistra 510 mortos nun día por coronavirus, a menor cifra desde o 23 de marzo

1 minutes read

Cae a curva de falecidos en España que sumou este sábado 510 vítimas mortais en 24 horas polo Covid-19, a menor cifra de falecidos nun día desde o pasado 23 de marzo, cando se rexistraron 462 decesos. Os casos confirmados ascenden a 161.852 e a cifra total de mortos son de polo menos 16.353, mentres que case 60.000 pacientes recibiron o alta. O Goberno decretou a prórroga por outros 14 días dos controis nas fronteiras terrestres con Francia e Portugal no marco das medidas de contención. No número de casos positivos por coronavirus en España, con todo, prodúcese un pequeno repunte con respecto a este venres. Xa son 4.576 novos positivos. Os tres alicerces para garantir a seguridade seguen sendo a distancia social, a hixiene en espazos públicos e privados e o lavado de mans.