España rexistra a temperatura máis alta no que vai do mes de abril: 38,8 graos 

No aeroporto de Córdoba rexistráronse 38,8 graos; 37,8 en Sevilla. A onda de calor aínda non alcanzou o seu pico máximo, que se espera para esta fin de semana. O sábado seguirán subindo as temperaturas nocturnas, con noites tropicais na metade sur que mesmo poderían chegar ao centro peninsular, pero cunha «baixada clara» dos termómetros nas horas diúrnas. 15 capitais de provincia superaron os seus récords históricos do mes abril. España, ademais, leva en situación de seca prolongada desde xaneiro de 2022, o que dificulta a rega dos campos de cultivo do país, que pediu axuda á Comisión Europea para paliar unha situación que estes días está a verse agravada pola ausencia de choivas e unhas elevadas temperaturas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha