38
Os datos do Ministerio seguen a amosar a melloría nas cifras. Nos últimos días víñase mantendo o número de vítimas mortais por debaixo das 300. Este domingo baixou ata os 164 mortos en 24 horas, e esta cifra volve ser este luns a mesma: 164 falecidos diarios.
O total de persoas que morreron vítimas do coronavirus é de 25.428.
Os contaxios tamén chegaron á súa porcentaxe diaria máis baixa ata quedaren no 0,16% de media en España, fronte ao 0,39 % de onte. O número de contaxios está por primeira vez por debaixo dos 400 diarios;o domingo rexistráronse 356, e foi a primera vez que se notificou unha cifra por debaixo dos mil: 838.