España rexistra un segundo caso de coronavirus

Cedida

Trátase dun cidadán británico que estivo en contacto en Francia con outra persoa infectada e volvía á súa residencia en Mallorca. «É unha persoa que agora mesmo está ben, sen practicamente ningunha sintomatoloxía, está san, pero obviamente mentres siga dando positivo haberá que mantelo en illamento”, explicaba Fernando Simón, director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias do Ministerio de Sanidade. Desde o Goberno español aseguran que se están identificando todos os contactos para realizar un seguimento activo aos contactos estreitos, e manter informados os contactos casuais para que fagan unha autovaloración e acudan aos servizos sanitarios se o consideran pertinente.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha