España rexistrou en decembro a inflación máis baixa da Eurozona

En decembro, a inflación española caíu ao 5,7%, é dicir pouco máis dun punto por baixo da taxa de novembro. Uns datos que sitúan a España por baixo das principais economías europeas como Italia (12,3%), Portugal (9,8%), Alemaña (9,6%) ou Francia (6,7%), segundo os últimos datos de Eurostat. O abaratamento dos prezos das vivendas, dos carburantes e do transporte son as principais causas desta taxa de inflación. Á súa vez, a baixada de prezos débense ás medidas adoptadas polo Goberno de Pedro Sánchez, como o desconto obrigatorio de 20 céntimos por litro de gasolina e gasóleo para todos os consumidores e a bonificación do transporte público.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha