- O Concello de Madrid pide a declaración de zona catastrófica.
Para evitar os atascos que se están rexistrando nas entradas das grandes cidades, e que dificultan as tarefas dos equipos de emerxencia e o abastecemento de bens, piden que se eviten os desprazamentos innecesarios. No aeroporto madrileño de Barallas, a recuperación é gradual, polas xeadas e as xélidas temperaturas, que este mércores baixaron máis aló de -13º C. As temperaturas seguirán sendo inusualmente baixas en Madrid e Castela-A Mancha. Segundo anunciou Interior, a situación mellora este xoves, aínda que se mantén a alerta laranxa para Teruel e Zaragoza. Hai risco de xeadas no interior de Galicia, Navarra, Aragón, Cataluña e a meseta norte.