España segunda de grupo na Eurocopa tras golear 0-5 a Eslovaquia

España golea 0-5 a Eslovaquia e logra meterse en oitavos de final da Eurocopa como segunda de grupo tras a vitoria de Suecia ante Polonia (3-2). A Vermella xogará contra Croacia en Copenhague o luns 28 de xuño ás 18.00. Un gol en propia porta de Dubravka abriu o marcador como un balón de osíxeno para acabar coa falta de gol dos de Luís Enrique. Daquela os tantos de Laporte, Sarabia e Ferrán fixeron o resto, para esquecer o penalti fallado por Morata. E outro tanto en propia meta de Kucka terminou sentenciando o partido.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha