España será o primeiro país da UE en recibir un pago dos fondos europeos


A Comisión Europea (CE) aprobou este venres a solicitude de España para recibir un primeiro desembolso de 10.000 millóns de euros dos fondos europeos, tras comprobar que cumpriu os obxectivos do seu plan de recuperación vinculados a este pago.

«España avanzou o suficiente na implementación do seu plan nacional de NextGenerationEU. Por tanto, será o primeiro país da UE en recibir un pago, con valor de 10.000 millóns, unha vez que os demais Estados membros o autoricen», anunciou en Twitter a presidenta do Executivo comunitario, Ursula von der Leyen.

A vicepresidenta primeira do Goberno e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño, sinalou nun comunicado publicado na rede social Linkedin, que a concesión dos fondos «confirma unha vez máis a confianza e a boa cooperación coas autoridades europeas».