España será o primeiro país en recibir o diñeiro do Fondo de Recuperación


España será o primeiro país da Unión Europea en beneficiarse das axudas do Fondo de Recuperación, unha ferramenta creada para contrarrestar as consecuencias económicas da pandemia. A Comisión Europea deu o seu visto e prace para que España recibise o primeiro pago de 10.000 millóns de euros tras analizar se o país cumprira cos obxectivos correspondentes.

O diñeiro aínda terá que recibir a luz verde dos países antes de chegar a España, pero a vicepresidenta e ministra de Economía, Nadia Calviño, asegurou este luns á súa chegada ao Eurogrupo que confía en que o encontro do comité encargado se celebre “antes de finais de ano”.

«Alcanzamos un fito na aplicación do plan NextGenerationEU. España é o primeiro país preparado para recibir un pago», celebrou Ursula von der Leyen, presidenta da Comisión Europea, nunha mensaxe gravada.