España sufrirá a recesión máis aguda da zona euro


O Fondo Monetario Internacional publicou novos datos, o FMI mellora as previsións para as grandes economías desenvolvidas agás para España. O produto interior bruto español vai ser o máis castigado este ano da zona euro, cun retroceso dun 12,8%. Catro puntos de caída máis que a media da eurozona e a mesma cifra que xa estimaban na anterior previsión do mes de xuño. Para o 2021, melloran nove décimas as perspectivas. Cren que a economía española avanzará un 7,2%. Por detrás de España sitúanse Italia (cunha contracción do 10,6 %), Francia (-9,8 %) e Alemaña (-6 %), unha situación atribuíble en todos os casos ao impacto da pandemia pola covid-19, segundo o seu informe de Perspectivas Económicas Globais, presentado este martes.