España súmase á compra da vacina de AstraZeneca

1 minutes read

Así o asegurou o Ministerio de Sanidade nun comunicado no que se refire ao acordo anunciado pola CE o pasado 14 de agosto para a compra de polo menos 300 millóns de doses dunha futura vacina desta compañía, á que tamén se suman outros estados membros da UE. A repartición da vacina farase, segundo Sanidade, de maneira equitativa entre os países acorde á súa poboación. Isto enmárcanse dentro da estratexia europea de vacinas, á que se adheriu España en xullo e pola que se pretende establecer unha posición única europea para garantir o acceso global e equitativo á vacina para protexer ao conxunto da poboación contra o coronavirus.