España supera os 50.000 mortos; Sanidade anima á xente a vacinarse

O ministro de Sanidade, Salvador Illa_AX.

España supera os 50.000 (50.122) mortos pola COVID-19. Desde o día 24, cando se deron as últimas cifras, perderon a vida 298 persoas. Rexistráronse 24.462 novos contaxios, o que eleva a 1.879.413 o número total de casos. Como no resto da Unión Europea, a vacinación comezou este domingo. De momento, non se notificaron reaccións adversas. Para o ministro de Sanidade, Salvador Illa, este é o «principio do fin», aínda que quedan meses difíciles. Illa animou aos españois a vacinarse, porque «salva vidas» e dixo que se está facendo un esforzo de «comunicación» para informar e resolver dúbidas. Tras un atraso, por problemas loxísticos, este martes chegan a España 369.525 doses da vacina de Pfizer-BioNtech.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha