España tardará máis de dous anos en recuperarse

A economía española contraeuse un 18,5% no segundo trimestre. É a peor caída desde fai polo menos sete décadas. Máis de tres meses de confinamento polo Covid-19 provocaron unha recesión económica coa que se perdeu máis dun millón de empregos. O economista Juan Carlos Martínez Lázaro, profesor na Universidade IE Business School, di que aínda que España verá un repunte nos últimos trimestres de 2020, a economía do país tardará polo menos dous anos en recuperarse. “A economía española é das que máis se está vendo afectada debido á nosa estrutura produtiva e debido tamén á estrutura do noso mercado laboral. E bueno, tiñamos un punto de partida máis complicado. Partiamos dunha situación de déficit e de débeda máis elevada que a maior parte dos nosos socios europeos. E por tanto, non puidemos aplicar un paquete de estímulos tan grande como outros países, outros veciños aplicaron”. “A chegada de fondos da Unión Europea vai ser moi importante, pero tampouco vai ser a solución aos nosos problemas. Aínda que recibamos 140 mil millóns de euros non os recibiremos dunha vez. Recibiranse a partir de 2021 e non van servir máis que para cubrir todo o gasto público que imos necesitar agora e nos próximos anos para tratar de recuperar todo o que se destruíu durante esta terrible pandemia”.