España terá 13 mil puntos de vacinación anticovid

dpm.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou o plan contra a covid-19, que se presentará no consello de ministros deste martes e que contará con 13.000 puntos de vacinación para garantir un “acceso equitativo ás vacinas” a través da atención primaria. O presidente do Goberno di que seremos os primeiros en Europa, canda os alemáns en levar as vacinas á xente. Ademais explicou que a estratexia única de vacinación deseñouse cun grupo multidisciplinar de expertos no que se inclúen “expertos das comunidades autónomas, do Consello Interterritorial ou de bioética”. Indicou que a UE xa asinou cinco contratos para 1.200 millóns de doses ampliables, das que lle corresponden a España o 10 %, pola porcentaxe de poboación.