España terá acceso a todas as vacinas que merque o Consorcio da UE

0 minutes read

Así o confirmou o ministro de Ciencia e Innovación, Pedro Duque, que asegurou que algunhas delas se empezarán a probar aquí dentro de pouco. Pedro Duque, ministro de Ciencia e Innovación: «É o que garante que unha vez que sirvamos unha vacina ao público terá a eficacia e a seguridade necesaria. Teremos acceso a todas as vacinas que se aproben dentro do Consorcio Europeo, aínda que sexa en probas. Así iremos no mesmo barco que todos os cidadáns da Unión Europea».