España vai ben | A economía creceu o 5 % en 2021

A economía española avanzou un 2 % no último trimestre do ano a pesar da explosión de casos pola variante ómicron, un dato positivo aínda que insuficiente para alcanzar o obxectivo de crecemento debuxado polo Goberno para 2021, o 6,5 %. De acordo ás cifras adiantadas este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE), o Produto Interior Bruto (PIB) español creceu un 5 % durante o pasado exercicio, a súa maior alza desde o ano 2000, aínda que un punto e medio por baixo da estimación do Executivo e moi lonxe aínda de recuperar o groso do perdido pola pandemia. Segundo os datos adiantados polo INE, a demanda nacional achegou 4,6 puntos ao PIB en 2021, cifra 13,2 puntos superior á de 2020.

Datos do INE.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha