A selección española de fútbol ponse líder do seu grupo para a clasificación ao Mundial de Catar 2022, grazas á vitoria fronte a Grecia pola mínima e a domicilio (0-1). España saíu ao céspede do Spyros Louis de Atenas coñecendo o sorprendente resultado do Xeorxia – Suecia (2-0), pero aleccionados da rolda de prensa do día anterior por Luís Enrique para abstraerse do devandito marcador. O VAR revisou unha posible man de Laporte, pero finalmente o árbitro polaco Marciniak deu o ‘ok’ e Sarabia transformouno no 0-1 (minuto 26). A Vermella poñíase provisionalmente líder do seu grupo e pisa Catar.