O ciclo ‘Espazos Sonoros. Sons e lugares do Reino Medieval de Galicia’ inicia a súa andaina cunha gran demanda de público, tal e como demostra a rapidez coa que se esgotaron as prazas dispoñibles para a primeira fin de semana. Trátase das sesións que terán lugar nas contornas das igrexas de Cornada e A Luaña o sábado 11 e na de San Fins o domingo 12. Así, o domingo día 19 de setembro, a protagonista será a Igrexa de Santiago de Cereixo, en Vimianzo, co seguinte programa:
Labirinto. Formación musical ‘Vivd Consort’ e visita guiada pola contorna, que inclúe as Torres de Cereixo e paseo polo Río Grande e muíños da maré. A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, participou na presentación do evento que tivo lugar este luns na sede da Deputación da Coruña.
A participación nas diferentes sesións é de balde pero é preciso reservar praza a través do mail actividades@espazossonoros.org. Cada luns ábrese o prazo de inscrición para as actividades da fin de semana, de xeito que para a fin de semana do 18 e 19 de setembro ábrese o prazo de inscrición o luns 13.