Espectacular exercicio de percusión corporal de alumnos/as de Bacharelato do IES Isidro Parga Pondal de Carballo


Un grupo de alumnos e alumnas de música, de 1º e 2º de Bacharelato do IES Isidro Parga Pondal de Carballo, acompañados/as das profesoras de música do instituto, do chelista da Orquestra Sinfónica de Galicia, Ramón Solsona, e do profesor Paulo Padrón Santamarina, elaboraron un traballo de fin de curso baseado nunha versión musical do bolero “Un Compromiso” do gran Antonio Machín.