O sinistro tivo lugar a primeira hora da madrugada deste sábado, o lume obrigou a cortar a autovía de Marín e afectou a dúas embarcacións, ainda que non houbo que lamentar danos persoais, no estaleiro só se atopaba presente o vixilante, que non resultou afectado. Os bombeiros traballaron boa parte da noite para intentar sufocar o incendio. Tratouse dun lume aparatoso no que se escoitaron varias explosións e obligou a mobilizar un amplo dispositivo de emerxencias, causando alarma entre os residentes da zona. O 112 Galicia activou o nivel 1 do Plan Territorial de Emerxencias, polo que se incorporaron tamén ao operativo un buque de salvamento que apoia os labores de extinción dende o mar, e unha nodriza de gran capacidade da Axega para abastecer os medios de extinción de terra.
40