Espectacular nivel de desenvolvemento de actividade no polígono de Bértoa

Polígono de Bértoa

  • A tramitación de licenzas para a construción de naves supera os niveis previos á crise

Dende o ano 2017 presentáronse no Concello de carballo case tantas solicitudes de licenzas coma nos dez anos anteriores. No 2017 bateuse o récord con 24 expedientes, pero nos seis primeiros meses deste ano xa van 13. A actividade urbanística vai parella ao ritmo de venda de parcelas por parte de Xestur. O polígono de Bértoa é o que máis demanda ten de toda Galicia, como demostran os sucesivos procesos de adxudicación de solo, que cada vez é máis escaso e ofrece menos posibilidades para a instalación de grandes empresas debido ao reducido tamaño das parcelas. Nestes momentos só quedan dispoñibles 24 parcelas e a máis grande ten 13.000 metros cadrados, segundo figura na páxina web de Xestur.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha