Espectáculo infantil sobre igualdade de xénero na biblioteca de Ponteceso

Trátase dun espectáculo dirixido a nenos e nenas de 2 a 10 anos de idade, organizado pola Área de Igualdade do concello de Ponteceso, titulado “A aventura de Daniela Pirata” e representado por Donde viven los sueños. Para converter os peques en auténticos/as piratas e obter o desexado tesouro, deberán superar 7 probas e enfrontarse ao temible Capitán, que non permitirá que as nenas sexan piratas no seu barco. Xogos, cantos e bailes participan na loita para vencer, unha vez máis, a desigualdade. A cita será o xoves 12, ás 18:00 horas, na Biblioteca Municipal.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha