- O senador do PP e ex-alcalde de Ourense Jesús Vázquez Abad, positivo por coronavirus.
A ex-presidenta do Goberno madrileño Esperanza Aguirre e o seu marido, Fernando Ramírez de Haro, atópanse ingresados na Fundación Jiménez Díaz tras dar positivo por coronavirus. O positivo por coronavirus de Aguirre, que o 2 de xaneiro cumpriu 68 anos, coñécese días despois dos doutras dirixentes actuais do PP de Madrid que tamén o contraeron, como é o caso da actual presidenta autonómica, Isabel Díaz Ayuso, e as súas conselleiras de Medio Ambiente, Paloma Martín, e de Presidencia, María Eugenia Carballedo.