Esquerra pide amnistía para os presos do procés e gobernar a Generalitat

O congreso de Esquerra celebrado este sábado deu vía libre para investir a Pedro Sánchez nos próximos días, antes do 5 de xaneiro, e gobernar a Generalitat cando se convoquen eleccións ao longo do próximo ano en Cataluña. Pere Aragonès, sempre apoiado por Oriol Junqueras, é o home elixido para “transitar” cara a eses obxectivos, cunha convicción engadida: só co PSOE poderá Esquerra atopar algunha saída para os dirixentes políticos presos, entre eles o propio presidente do partido.

Aragonés dixo «Que o Estado español non sexa desobediente con Europa, e, por tanto, que Oriol Junqueras sexa posto en liberdade de inmediato, e se recoñeza a súa inmunidade e se anule a sentenza do xuízo da vergoña».

Coa negociación co PSOE aberta, os republicanos din que a independencia é irreversible e un novo referendo inevitable.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha