Esta fin de semana 18ª edición da Volta Ciclista á Provincia da Coruña

O presidente en funcións da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o deputado de Deportes, Antonio Leira e o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz foron os encargados de presentar hoxe este evento deportivo nun acto celebrado no salón de plenos da Deputación, no que participaron tamén o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o concelleiro de Deportes pontés, Chicho Tembrás.

O presidente provincial destacou «o apoio ao ciclismo» do goberno provincial durante este mandato e «o importante investimento levado a cabo para mellorar as estradas provinciais, apostando especialmente pola seguridade de ciclistas e peóns»

Os concellos de As Pontes, Muros e Oroso serán este ano as sedes centrais da 18ª edición da Volta Ciclista á Provincia da Coruña, que se disputará entre os días 31 de maio e 2 de xuño e contará coa participación de máis dun centenar de ciclistas das categorías Élite e Sub-23, nas que se forxan as novas promesas desta disciplina deportiva antes de chegar ao ámbito profesional.


Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha