Esta fin de semana Campionato Galego – Hércules Club de Golf

Ao redor de 100 xogadores daranse cita esta fin de semana no Hércules para disputar o Campionato de Galicia Individual Masculino Absoluto, 2ª categoría e Sub 18, unha das citas máis importantes do Calendario Federativo Galego que reunirá aos mellores xogadores amateurs da nosa comunidade. A proba dispútase baixo modalidade MEDAL PLAY SCRATCH a 54 HOYOS, os días 24, 25 e 26. Haberá corte tras a segunda xornada para os 60 primeiros clasificados e empatados. Nesta última xornada determinarase o Campión Galego Absoluto. As saídas serán a partir das 9.30 h ata as 14.00 h. Todo aquel que o desexe poderá ir ver as partidas durante os tres días que dura a competición. O primeiro día as saídas serán por orde de hándicap, facéndoo en primeiro lugar os xogadores de hándicap máis alto. O segundo e último día as saídas faranse por orde inversa á clasificación scratch acumulada, polos tees do 1 e do 10 e compoñéndose unha partida estelar para o Campionato Absoluto e outra para o Campionato de 2ª Categoría.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha