Esta fin de semana reabre o Castelo de Vimianzo

Castelo de Vimianzo

  • O acto de apertura será ás 10:30 horas e como novidade destaca un itinerario que marcará as visitas a través dun sentido único

Este sábado o castelo de Vimianzo abrirá de novo as súas portas desde que tivera que pechar por culpa do estado de alarma decretado o pasado 14 de marzo. Desde o Castelo de Vimianzo adaptouse un plan de continxencia para acatar as medidas do Ministerio de Sanidade e como principal novidade creouse un ‘itinerario seguro’ para que o sentido da marcha dentro da visita sexa único.

Ao acto, que terá lugar ás 10:30 horas, acudirán a alcaldesa Mónica Rodríguez; a concelleira de Cultura, Rosa Blanco, a concelleira de Benestar, María José Pose e os técnicos de Turismo Manuel Rial e Ángel Arcay.

Desde o Concello apuntan á ‘prudencia’ á hora da volta á actividade dunha das xoias patrimoniais de toda a Costa da Morte. ‘Sabemos que o máis duro pasou pero queda protexernos para non volver a vivir os momentos durísimos dos que aínda estamos saíndo’, comentan. Ademais, de martes a domingo haberá artesanía en vivo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha