Esta fin de semana volve a competición de balonmán

dpm.

1ª Nacional masculina:

O Calvo Xiria ten un novo desprazamento a Vigo, está vez para enfrontarse ao UB Lavadores Vigo. O partido disputarase o sábado ás 18:00 no pavillón municipal de Lavadores. Os locais non conseguiron gañar esta tempada e cada partido desta segunda volta será unha final para eles, na pelexa pola permanencia. Primeiro partido da segunda volta na que o estado físico será fundamental. O Calvo Xiria non debe deixar sorprenderse; ten que atopar o seu ritmo de xogo e unha das claves do partido será a concentración e as gañas de seguir progresando e evolucionando.

División De Honra masculina:

Na categoría xuvenil e cadete, o Laber Xiria (11:45) e o Grupo Lemaco (10:00), viaxan o sábado ata Pontevedra para enfrontarse ao SD Teucro no pavillón multiusos A Xunqueira. Salvo novidade e despois de moitas semanas, o Laber Xiria poderá contar con todos os seus efectivos. Terá que ir axustando a parcela defensiva e facerse cos dous puntos na súa loita por acabar entre os primeiros clasificados. Pola súa banda, o Grupo Lemaco xoga contra un dos equipos punteiros da categoría. Un Teucro reforzado e con aspiracións ao título. Un partido de 60 minutos para competir e manter a intensidade en todas as fases do xogo. Por último, os infantís do Garaysa Xiria, xogan o sábado ás 10:30 contra o Balonmán Narón Grupo Capela, no pavillón A Gándara. Dous equipos con obxectivos diferentes, onde o Garaysa debe de mellorar o seu xogo e seleccionar mellor os lanzamentos a súa gran materia pendente en está segunda volta.

1º Autonómica Femenina:

Novo desprazamento do Goldie Xiria Carballo turismo ata a provincia de Pontevedra, nesta ocasión para enfrontarse ao AD Carballal Balonmano. As de Carballo, que ainda contan cas baixas da porteira Nadia e Sheila por lesión, Natalia por sanción e algunha xogadora que ainda non se recuperou do seu proceso gripal, acudirá a Vigo coa obriga de mudar a imaxe do pasado fin de semana en Salceda De Caselas. A tarefa será complicada polas baixas e polo potencial do Carballal, un conxunto xoven e con calidade que en caso de sumar os dous puntos, superarán as de Xiria na táboa clasificatoria. O partido será o sábado as 16:30 no pavillón O Loureiro (Vigo).

División De Honra feminina:

As cadetes do Hierros Varela Urbieta Xiria, viaxan ata Salceda de Caselas para enfrontarse ao conxunto EDM Salceda. Prevese un encontro igualado, tal e como foi o da ida en Carballo, no que o equipo de Xiria levouse os dous puntos por tan só un gol de vantaxe. Neste caso, as de Hierros Varela Urbieta terán que superar as baixas da pivote Alba e de Nerea Pose por lesión e tentar imponerse ao seu rival a partir do nivel defensivo. Do mesmo xeito, será importante mellorar na concentración, intensidad e nivel competitivo durante os sesenta minutos e minimizar os erros e as perdas de balón. O partido será o sábado as 11:00 no pavillón municipal dos Deportes de Salceda de Caselas.

Pola súa parte, as infantís do Punta Del Este Xiria viaxan ata o Grove para xogar frente ao Rasoeiro Bm Dispesfra. O encontro de ida caíu favorable as do sur por escasa diferencia, así que podemos estar ante un partido igualado, tendo en conta que as baixas de xogadoras importantes no bando carballés como son Lara Souto e Catalina, poden ser un hándicap debido a un plantel moi xusto de efectivos. O partido será o sábado as 12:45 no pavillón municipal novo Monte Da Vila de O Grove.

BM5 Alevín e Benxamín:

A competición Alevín e Benxamín en BM5, tamén volve esta fin de semana ca xornada nº5,, onde os nosos e as nosas, tentarán seguir ca boa regularidade que están amosando e que fai posible que a mayoría de equipos están copando os postos altos dos seus respectivos grupos. A competición, que se celebrará esta fin de semana en ST. Comba e St. Cruz (Oleiros) tanto na mañán do sábado coma do Domingo, contará con estes horarios e enfrontamentos:

Alevín BM5. Grupo Norte 1 (Pavillón A Fontela – St. Comba).

Lista Xiria – Bm Ribadosar Alca. Sábado 10:00h.

Bm Camariñas A – Garaysa Xiria. Sábado 10:45h.

Laber Xiria – Club Deportivo Concello de Zas. Sábado 12:15h.

Liga Benxamín BM5. Grupo Norte 1 (Pavillón A Fontela – St. Comba).

Bm Ribadosar Alca Épsilon – Óptica Auris Xiria. Sábado 10:45h .

Bm Ribadosar Alca Omega – Mr Nutrición Xiria. Sábado 11:30h.

7 Metros Xiria – Bm Camariñas Talleres Alfogar. Sábado 12:15h.

Alevín BM5. Grupo Norte 2 (pavillón Arsenio Iglesias, Santa Cruz, Oleiros)

Telepizza Carballo Xiria – Club Balonmano Atlántico. Domingo 12:15h,

Grupo Lemaco Xiria – Colegio Liceo La Paz Verde. Domingo 11:30h.

Benxamín BM5. Grupo Norte 2 (pavillón Arsenio Iglesias, Santa Cruz, Oleiros)

Colegio Liceo La Paz Blanco – Aislamientos San Juan Xiria. Domingo 13:00H.