Esta madrugada ás dúas serán as tres

1 minutes read

Na madrugada deste sábado ao domingo haberá que adiantar unha hora o reloxo para dar comezo ao horario de verán. En concreto, ás 2.00 serán as 3.00, co cal o domingo terá unha hora menos. De momento, seguirá habendo dous cambios de horario ao ano, ante a falta de avances nas negociacións no ámbito da Unión Europea para eliminar o cambio estacional. Cabe lembrar que o cambio de hora, que ten como obxectivo axustar a xornada laboral ás horas de luz natural, coincide tamén co inicio da tempada de verán para o sector aéreo. Un período no que as aerolíneas introducen cambios na súa programación para adaptarse á demanda e ás circunstancias do mercado.