Esta madrugada cambia a hora, ás 3 serán as 2


De acordo coa normativa vixente, o cambio de hora de verán a inverno prodúcese o último domingo de outubro en toda Europa, de acordo á Directiva Comunitaria do Cambio de Hora, que é de obrigado cumprimento co obxectivo de lograr un aforro enerxético. A madrugada deste sábado, ás 03.00 horas finaliza o horario de verán e de novo os reloxos volverán marcar as 02.00 horas.