Está prohibido o regreso ás obras nos edificios nos que se atopen persoas alleas á mesma

1 minutes read

A última hora do domingo Sanidade publicaba no BOE as condicións polas que se poden suspender actividades relacionadas con obras de intervención en «edificios existentes nos que exista risco de contaxio pola COVID-19 para persoas non relacionadas con esa actividade». 

De tal xeito, suspenderase toda obra que se execute en edificios existentes sempre e cando se encontren nel persoas non relacionadas coa actividade de execución da obra e que poidan «ter interferencia coa actividade de execución da obra ou co movemento de traballadores e traslado de materiais». O texto establece algunhas excepcións. Por exemplo se o edificio está «sectorizado e non hai posibilidade de que haxa esa interferencia» e tamén quedan exceputados as obras puntuales para realizar reparacións urxentes de instalacións ou avarías.