Esta semana arrinca en Ourense o XXI Salón Gastronómico Xantar

Xantar.

Xantar Ourense é a única Feira Internacional de Turismo Gastronómico acreditada da Península Ibérica, este ano celébrase do 5 ao 9 de febreiro. Ofrece unha experiencia para viaxar polo mundo a través dos sentidos o que a converteu en referente para os destinos enogastronómicos máis punteiros de España e Portugal ao que se foron sumando outros países de Iberoamérica. Defende a calidade da Gastronomía e o Turismo Sostible e Saudable fusionando tradición e innovación propia dos territorios representados a través de exhibicións, catas temáticas, cociña en directo e moitas máis iniciativas que suceden durante cinco días de intensa actividade.

Este ano 2020 celébase a edición número 21, e tras os seus 20 anos de historia, Xantar converteuse nunha motivación turística desenvolvendo accións que dinamizan o turismo interno e de proximidade reforzando así un dos obxectivos principais desta cita: promocionar o turismo a través da gastronomía baseada en produtos autóctonos de calidade. Esta cita é un perfecto exemplo de cooperación público-privada na que os expositores teñen a oportunidade de establecer contactos con novos clientes o que conleva un aumento de visibilidade da súa empresa, incrementado así a oportunidade de negocio.