Esta semana comezarán as obras da primeira fase do plan director do CHUF


Os traballos permitirán dotar de acceso viario o exterior da planta soto -2 proxectada na reforma do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. Este novo andar das instalacións sanitarias estará destinado a prestar servizos auxiliares do hospital, como lavandería ou restauración. A intervención na rúa Doadores de Sangue, cun prazo total de execución de 8 meses, terá afección ao tráfico na súa primeira etapa, polo que foi necesario coordinar o seu desenvolvemento coa actividade escolar da zona.

Así, as obras comezará o 1 de xuño, cando se realizará un corte parcial do tráfico, mantendo soamente un sentido de circulación de vehículos. O 23 de xuño e fará necesario un corte total ao tráfico rodado, habilitándose e sinalizándose os correspondentes desvíos. A data prevista para a apertura do tráfico en condicións similares ás actuais prevese para principios de setembro. Máis adiante, realizaranse traballos que deberán executarse en coordinación coas obras da fase 1 do hospital, pero xa sen con menor afección ao tráfico.