Esta semana comezarán os traballos de roza nas marxes da vía VG.-1.4, entre Cee e Sardiñeiro


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa pública Seaga, vén realizando nos últimos meses estas tarefas de acondicionamento nas franxas de dominio público de vías autonómicas das catro provincias para previr lumes e reforzar a seguridade viaria. Esta semana está previsto que se inicien os traballos de roza e limpeza nas marxes da vía de altas prestacións VG.-1.4, entre Cee e Sardiñeiro, ao seu paso polo municipio de Cee. As tarefas que se veñen realizando céntranse na retirada de especies pirófilas, aquelas que son máis propensas á propagación do lume, coa fin de previr incendios forestais.