Esta semana entrarán en vigor as rebaixas nas peaxes propostas polo Goberno de España


O Goberno de España cumpre coa palabra dada na investidura de Pedro Sánchez como presidente, a unha das esixencias presentadas no seu día polo BNG para mostrarlle o seu apoio, como eran as revisións das peaxes das autoestradas galegas. Chegado este momento, os traxectos de volta feitos en menos de 24 horas serán gratis na AP-9 esta mesma semana. É unha das bonificacións que anunciou a ministra de Transportes. Raquel Sánchez dixo que esta é a maior rebaixa nas peaxes na historia desta infraestrutura. 

Será gratis o treito entre Vigo e Redondela e haberá rebaixa para os usuarios que se movan entre Vigo e Tui. Ademais, os vehículos que fagan máis de 20 viaxes ao mes terán un desconto extra do 20%. Os ususarios deben ter o dispositivo de telepeaxe para beneficiarse dos descontos. Os transportistas terán un desconto adicional do 20% do importe da peaxe en todos os percorridos.