A Consellería do Medio Rural informa de que o lume rexistrado no concello de Vimianzo, parroquia de Berdoias, quedou estabilizado ás 19,10 horas deste mércores, tras comezar ás 15,47 horas da tarde.
Segundo novas estimacións, o lume afectou unha superficie dunhas 30 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Na súa extinción traballaron 4 axentes, 12 brigadas, 5 motobombas, 1 pa, 3 avións e 5 helicópteros. Ademáis obrigou a cortar a estrada e desviar o tráfico da comarcal AC-552 durante varias horas.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.