O lume iniciouse ás 19,42 horas deste pasado luns e quedou estabilizado ás 8,35 horas da mañá deste martes. Segundo as últimas estimacións coa luz do día, rolda as 90 hectáreas de superficie afectada provisional. No seu control participaron ata o de agora 4 técnicos, 7 axentes, 17 brigadas, 11 motobombas, 3 pas, 6 avións e 2 helicópteros. O alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, destacou o «traballo profesional das brigadas de extinción», no que cualificou como «unha noite moi complicada».
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.