Establecido en once horas diarias ao volante, o límite para os transportistas


Os transportistas poden conducir, desde este mércores, ata once horas diarias, dúas máis ca o límite habitual. É a terceira vez que o Goberno flexibiliza a normativa dos tempos de condución e descanso que por lei teñen que cumprir os transportistas por estrada.  O Ministerio de Transportes acóllese á norma europea que permite variar estes tempos se se dan circunstancias excepcionais durante máis de 30 días. A intención do Goberno é preservar a saúde dos transportistas e reducir o risco de contaxios. O aumento das horas de condución de 9 a 11 trae consigo un cambio nas horas diarias de descanso, que se reducen a nove fronte ás once actuais.