Estados Unidos ataca un vehículo kamikaze que se dirixía ao aeroporto de Cabul


A nova explosión rexistrada en Cabul tratouse dun novo ataque militar de Estados Unidos contra un vehículo kamikaze que presúntamente se dirixía ao aeroporto co fin de realizar un novo atentado, confirma o Departamento de Defensa. O portavoz do Comando Central de Estados Unidos (CENTCOM), capitán Bill Urban, confirmou que a misión se levou a cabo este domingo nunha zona residencial preto do aeroporto. A bordo do coche viaxaban supostos membros do grupo terrorista ISIS-K. O ataque con dron deixou polo menos 5 mortos, entre eles nenos, segundo informan varias axencias de noticias. Unha vez que o mísil impactou contra o vehículo, houbo «explosións secundarias significativas», o que indica que o vehículo transportaba «unha cantidade substancial» de material explosivo, de acordo con Urban.