Estados Unidos culpa a Irán do accidente de avión no que faleceron 176 persoas

  • As autoridades persas non confían nos americanos e procederán á investigación das caixas negras no seu propio país

Washington acusou a Irán da derriba do avión de Ukranian International que se estrelou o mércores preto do aeroporto de Teherán e no cal faleceron 176 persoas. Desde EE. UU manteñen a idea de que probablemente un mísil iraniano chocase accidentalmente contra a nave.

Ucraína non descarta ningunha teoría xa que o avión tan só tiña tres anos e pasara recentemente unha revisión.

Con todo, desde Irán non comparten a idea do mísil errado, xa que segundo as autoridades persas non houbo ningunha chamada de emerxencia e o avión esborrallouse cando estaba a tentar regresar ao aeroporto da capital.

Irán ten as caixas negras pero debido ás malas relacións cos Estados Unidos, non llas entregará aos americanos e levará a cabo a investigación no país, con axuda dun equipo de expertos ucraínos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha