Estados Unidos derrubou este sábado o globo chinés tras quedar á deriva na costa este fronte a Carolina do Norte. Varias embarcacións dispuxéronse a recoller os restos. Estados Unidos aprazou a visita do Secretario de Estado Antony Blinken a China despois de que un globo de Pequín sobrevoase unha base militar nuclear en Montana. China fala dun erro «causado polos ventos e insta a tratar con «cabeza fría» a disputa sobre o globo. Blinken entende que China violou a soberanía estadounidense: «A decisión da China de sobrevoar o territorio continental dos Estados Unidos cun globo de vixilancia é inaceptable e irresponsable. É unha violación da nosa soberanía. É unha violación do dereito internacional». China respondeu que nunca anunciaron visita algunha do secretario de Estado Blinken. O ministerio de Relacións Exteriores de China asegurou que se Estados Unidos o anuncia respétano. Pequín admitiu que o globo que sobrevoa os Estados Unidos perténcelle, aínda que asegurou que «é un dirixible civil utilizado con fins de investigación, principalmente meteorolóxicos», e lamentou «a entrada non intencionada» do aparello no espazo aéreo estadounidense.
27