Reino Unido e Estados Unidos lanzaron unha nova serie ataques contra obxectivos hutíes no Iemen durante a madrugada deste domingo. Como mínimo 30 obxectivos foron alcanzados en máis de 10 localizacións segundo comunicación oficial dos Estados Unidos.
Segundo reportou o ‘control central do exército estadounidense’, seis mísiles cruceiro antinavales foron lanzados polos hutíes cara ao Mar Vermello, onde foron interceptados con éxito.
O secretario de defensa de Reino Unido, Gran Shapps, declarou que os últimos ataques non forman parte dunha escalada: “Xa atacamos obxectivos de almacenamento e lanzamento con éxito, e estou confiado en que os nosos últimos ataques minguaron as capacidades hutíes”.
Os novos ataques realizáronse xusto unhas horas despois de que Has Grundberg, enviado especial das Nacións Unidas no Iemen, reunísese co ministro de exteriores de Irán, Hossein Amirabdollahian en Teherán, para falar da inestabilidade da rexión debido á guerra de Gaza e a actividade de grupos apoiados polo seu país.