O presidente Joe Biden anunciou cunha declaración televisada na Casa Branca que Estados Unidos enviará o equivalente a un batallón de tanques ucraíno, 31 carros de combate M1 Abrams.
«Nós queremos garantir que traballamos todos xuntos» respondeu o presidente dos Estados Unidos ante a pregunta dun xornalista sobre o novo apoio militar dos Estados Unidos a Ucraína.
O anuncio prodúcese despois da reunión convocada este mércores entre os líderes alemáns, franceses, italianos e británicos para falar sobre a axuda militar a Ucraína. Unha reunión que se produce xusto nun día no que Alemaña deciu enviar tanques Leopard 2 ao país invadido por Rusia.
Estados Unidos ademais destacou que empezará a adestrar inmediatamente nun terceiro país a soldados ucraínos no seu uso e mantemento.