Estados Unidos finaliza 2022 coa maior cifra de menores mortos en tiroteos

2022 pasa á historia como o ano no que máis nenos e adolescentes morreron por culpa dos tiroteos en Estados Unidos, segundo a ONG Gun Violence Archive, que recolle esta estatística desde 2014. Os datos recompilados por este organismo independente mostran que só este ano morreron 1.637 nenos e adolescentes tiroteados.

Os tiroteos de Búfalo e Uvalde deste ano mostraron á poboación a gravidade do asunto. Por este motivo, o Congreso de Estados Unidos aprobou en xuño un pacto histórico, que permite aumentar o control das armas de fogo compradas por menores de 21 anos. O acordo estendeu a todo o país as chamadas leis de «alerta de perigo» («Rede Flag»), xa vixentes en estados como California, Nova York e Florida, e que permiten activar un procedemento legal para confiscar as armas de fogo de quen represente un perigo para terceiros ou para si mesmos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha