Estados Unidos inxectará 400 millóns de dólares de axuda adicional a Ucraína

A UE prometeu manter o apoio a Ucraína tanto tempo como sexa necesario, polo que propuxo un novo paquete de axuda macrofinancieira para a reconstrución de 50.000 millóns de euros entre 2024 e 2027, que aínda debe ser negociado e aprobado polos 27. Desde o inicio da guerra as institucións da UE e os seus Estados membros entregaron 76.000 millóns en axuda a Ucraína, xa sexa financeira, humanitaria ou militar. Pola súa banda, Estados Unidos anunciou que destinará 400 millóns de dólares en axuda de seguridade adicional para Ucraína, O Pentágono asegurou que a nova axuda incluirá municións de defensa aérea, vehículos blindados e armas antiblindaxe.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha