Estados Unidos mobiliza a 8.500 soldados pola crise de Ucraína

1 minutes read

O Pentágono describiu o movemento como «unha medida de precaución» dicindo que sería irresponsable non actuar. O presidente dos Estados Unidos Joe Biden dixo ver unanimidade nos gobernos europeos:«Isto é realmente importante. Tiven unha reunión moi, moi, moi boa, de total unanimidade con todos os líderes europeos.» Estados Unidos deu un pasou á fronte máis esta vez desprazando ao portaavións USS Harry S Truman ao Mediterráneo. É a primeira vez desde a guerra fría que un grupo de portaavións estadounidenses ao completo queda baixo o mando da OTAN. O embaixador ruso en Irlanda, Yuri Filatov acusou á OTAN de avivar tensións e negou, invasión algunha. O presidente de Ucraína, Volodímir Zelenski, chamou á tranquilidade. O xefe da diplomacia europea, Josep Borrell, advertiu contra as reaccións excesivas e alarmistas á crise.