Estados Unidos péchase totalmente á inmigración

1 minutes read

A pandemia global do COVID-19 obrigou a moitos países a tomar decisións e medidas radicais pensando en minimizar os danos. Así, o presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, anunciou no seu perfil de Twitter a suspensión temporal da inmigración.

«Á luz do ataque do inimigo invisible, así como a necesidade de protexer os traballos dos nosos GRANDES cidadáns estadounidenses, asinarei unha orde executiva para suspender temporalmente a inmigración a Estados Unidos».

Desde que comezou a crise do coronavirus, a Administración Trump mantén pechadas as súas fronteiras terrestres con México e Canadá; e o tráfico aéreo internacional está practicamente suspendido.