EE. UU. utilizou tres avións C130 para lanzar 66 paletas con alimentos, 22 de cada avión, segundo os medios locais. Os paquetes de comida non incluían nin auga nin subministracións médicas, segundo a CNN. Outro funcionario dixo a Reuters que cada un destes paquete está composto por 35.000 comidas. As organizacións de axuda humanitaria din que estes lanzamentos aéreos están moi lonxe de satisfacer as necesidades de alimentos e subministracións na zona, onde máis de dous millóns de persoas enfróntanse á fame negra. En case cinco meses de guerra, morreron na Franxa máis de 30.200 persoas, incluídos os 115 gazatíes que morreron o xoves durante unha repartición de alimentos na cidade de Gaza, cando Israel disparou contra as persoas que esperaban, como admitiu, aínda que achaca a cifra de vítimas a unha avalancha provocada polas persoas famentas que se abalanzaron contra os camións.