41
O mundo é hoxe un lugar menos seguro que onte. Estados Unidos retirouse este venres do tratado para a eliminación de mísiles nucleares de curto e medio alcance despois de acusar a Rusia de violalo en varias ocasións. Desde a OTAN, pechan filas con Washington e responsabilizan de forma unánime a Moscova. «Tamén nos aseguraremos de que a nosa forza de disuasión nuclear siga sendo segura e eficaz. Os nosos aliados seguen firmemente comprometidos coa preservación dun control internacional eficaz dos armamentos, o desarmamento e a non proliferación. Non faremos o mesmo que Rusia. Non queremos unha nova carreira armamentista», afirmou Jens Stoltenberg, secretario xeral da organización transatlántica.